Cómo se fixo

 

proceso de construcción

Escoller o lugar non foi moi complicado, xa que, o tratarse dunha zona rural só podíamos construir no lugar no que o fixemos. Asi a construccion está situada na parte traseira dunha casa de pedra típica da zona, totalmente renovada, mantendo a estrutura orixinal.

O tratarse dunha construcción con alpacas de palla a cimentación tivo que ser elevada, para evitar que a humidade afectase a futura construcción.

A palla tivo que ser traida de Valladolid xa que tiña que estar totalmente seca, cousa difícil de atopar en Galiza. Un camión con alpacas chegou e nós empezamos a traballar.

As alpacas eran moi grandes, entón tivemos que facelas máis pequenas, un veciño da zona axudounos en tan descoñecido traballo para nós, como era "facer alpacas”.

Unha vez resolto o problema do tamaño comezamos coa colocación.

É una construcción moi rápida, nos decidimos non facer a estrutura previa, polo método de Nebraska ou autoportante, importante notar que, despois, a palla é comprimida moito máis que se tivese unha estrutura previa. Así alpaca a alpaca comezouse a formar a estructura principal da construcción.

Unha vez colocadas todas as alpaca, únense con unha cinta de formigón que vai a recibir todo o peso da plataforma.

A elección do material de cuberta debe ser bastante lixeiro. No noso caso, optamos por facer unha cuberta de madeira.

que, despois, taparemos con chapa

Xa con tellado feito os interiores empezaban a ter unha forma e calidez incrible.

Con todo este camiño percorrido, sin esquecer dos problemas causados pola constante vixilia por a choiva, comezamos a revestir o exterior da construccion. Chamamos para varias empresas de proxectado de morteiro e ningunha se atreveu a facernos o traballo. Entón, un pouco apurados pola humidade, comezamos coa primeira capa de formigón lixeiro, todo á man.

Despois outra...

E a ultima con morteiro hidrofugado.

Decidimos deixar unha pequena fiestra para os escépticos, onde se pode ver no interior das paredes. E o resultado final foi ...